Obradoiros artesáns visitables
Domiart
Taller onde se fan demostracións de talla e gravado de cristal.
Concertar visitas previo aviso. Para demostracións concertar horario. Grupos reducidos como máximo de 5 persoas.
Horario de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábado de 10 a 14 h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Chus Lage
Taller de escultura, cerámica e olaría tradicional.
Existe un museo de olaría tradicional, unha tenda pequena, escultura exterior, etc. Posibilidade de demostración.
As condicións son a tratar co grupo, que nun principio será como mínimo de 10 e máximo de 15 persoas.
Horario: xuño, xullo e agosto, de martes a venres de 18:00 a 20:00 h. Sábados de 11:30 a 13:30 h.
Non poden pasar autobuses pero si coches (aparcadoiro próximo). Para acceder ao taller hai un chanzo.
Localización
Rosa Jove
A visita ao estudo de cerámica será para realizar pequenos cursos de 2 horas de modelado e torno oleiro. Prezo con materiais incluídos, 10 euros por persoa, como mínimo 3 e como máximo 6.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
1924
Taller-tenda de alta marroquinería onde se fan demostracións.
Concertar visita sempre antes por teléfono.
Horario de 9:30 a 14 e de 16:30 a 21:00 h.
Localización
En Lá
Taller onde se poden ver distintos tipos de la e prensado manual destas. Demostracións e posibilidade de taller participativo sempre consultando dispoñibilidade.
Concertar visita sempre por teléfono.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Santín
Taller de marroquinería. Concertar visitas previamente por teléfono. Só grupos reducidos.
Localización
Bruxarte
Tenda-taller de marroquinería onde se pode ver como se realiza unha peza.
Horario de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso para minusválidos. Situado nunha rúa peonil.
Localización
Taller Sur
Obradoiro de cerámica onde se mostra como se traballa, demostracións de torno, armonógrafo e gravado.
Concertar visita no caso de ser máis de cinco persoas ou querer unha visita guiada con demostración participativa.
Horario de 9:00 a 14:00 h de luns a sábado. Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Posible falta de cobertura no móbil e gps nas inmediacións do obradoiro.
Localización
Zimzelatum
Obradoiro de xoiería onde se fabrican pezas decoradas basicamente con técnicas de cincelado, batido e picado.
Concertar visita sempre por teléfono.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Localización
Como pez en el Agua
Tenda taller de artesanía onde se realizan e venden pezas feitas a man en diferentes materiais como esmalte e prata, feltro, fimo ou pintura sobre tea. Ao fondo da tenda está situado o taller onde sempre se pode ver o traballo en directo.
Horario: luns de 17:00 a 20:30 h. Martes a venres de 10:15 a 13:45 e de 17:00 a 20:30 h. Sábado de 11:00 a 14:00 h. En decembro os luns aberto pola mañá e os sábabos pola tarde.
Localización
Nudima de Madera
Obradoiro de madeira onde se fan demostracións sempre con cita previa. Explicación do proceso de elaboración. Exposición e venda de pezas.
Concertar visita antes por teléfono.
Horario de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:30 h. Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Pepa Bonxe
Obradoiro de olería onde se fan demostracións do proceso de traballo. Existe museo, obradoiro e tenda. Para visitas en grupo o custo é de 2 eur/persoa. Concertar visita previamente por teléfono.
Horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Saída autovía A-6 Km 507, dirección Castro, na segunda rotonda, segunda saída.
Localización
Franfet Custom Guitars
Obradoiro no que se ofrecen servizos de fabricación e reparación de instrumentos de corda, sendo a especialidade guitarras e baixos eléctricos.
Horario de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 17:00 a 19:00h.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Javier Varela Quintas
Obradoiro de debuxo onde se fan demostracións de pirogravado, debuxo e produto finalizado.
Concertar visitas chamando por teléfono.
Horario de 10:00 a 13:00 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Taller de Canteria Obelisco
Obradoiro onde ensinan o proceso de elaboración dunha peza. Exposición e tenda coa posibilidade de mandar por transporte. Visitas concertadas, avisar con antelación.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Horario de 8:00 a 13:00 e de 14:30 a 17:30 h. Agosto de 8:00 a 15:00 h.
Localización
Xabier de Sousa
Obradoiro de gravado onde se fan demostracións e a posibilidade de participar na creación do teu propio gravado. Tenda.
Visitas concertadas previamente a través do correo electrónico ou teléfono.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso para minusválidos.
Localización
A Grileira
Obradoiro de instrumentos musicais. Existe tenda.
Horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h. Pechada a segunda quincena de xullo e de agosto.
Non dispón de aparcadoiro.
Localización
Pablo Carpintero
Obradoiro de instrumentos tradicionais galegos. O obradoiro conta cun museo de máis de 300 pezas. Tenda aberta ao público.
Grupos de ata 10 persoas. Idiomas, francés, inglés e portugués.
Horario de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h. de luns a venres, agás agosto. Dispón de aparcadoiro e acceso para minusválidos.
Localización
Gaxela d´Tor
Obradoiro de xoiería.
Horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h. Do 15 de xuño ao 15 de setembro, horario continuo de 10:00 a 15:00 h.
Dispón de aparcadoiro e acceso para minusválidos.
Localización
Aldeas Artesáns de Galicia
Obradoiro de torneado de madeira onde se fan demostracións. Visita da exposición permanente de pezas de recoñecidos mestres do torneado. Plantación dunha árbore no "Bosque dos Torneiros". Venda directa de pezas propias e tamén se admiten encargos.
As visitas teñen que concertarse cun día de antelación como mínimo. Sen horario fixo polo que se ten que avisar antes. Abertos desde abril a setembro (incluídos).
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos. No momento de concertar a visita enviamos plano coas instrucións para chegar ao obradoiro.
Localización
Noroeste; Xoias de Autor
Obradoiro de xoiería onde existe a posibilidade de facer demostracións. Concertar visitas para grupos con 48 horas de antelación e con dúas horas se son individuais.
Horario de mañá. Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Manuel Campos Vilaverde
Obradoiro de canteiría onde se fan demostracións de cantería clásica. Pezas á venda.
Visitas concertadas previamente por teléfono.
Horario: 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 h. Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Olería Aparicio
Obradoiro de olería onde se realizan demostracións de todo ao proceso de elaboración. Tenda con pezas propias.
Para visitas superiores a 30 persoas concertar cita por teléfono.
Horario: 9 a 14 e de 16 a 21 h. Dispón de aparcadoiro e de acceso a minusválidos.
Localización
Ricardo Antelo Parga
Obradoiro de cantería.
Horario: de luns a venres, de 8:00 a 13:00 e de 14:30 a 19:30 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Jatafarta
Obradoiro de marroquinería onde as visitas estarán condicionadas polo horario de traballo que pode variar ao longo do ano. Mostrarase o proceso de elaboración que se estea facendo nese momento. Proximamente tenda e zona de exposición. Concertar visita por teléfono.
Non dispón de aparcadoiro nin de acceso para minusválidos.
Localización
Cerámica Lucía Catuxo
Situado no antigo palleiro da Casa do Cura, ao lado da capela Vilafernando, no centro do pobo.
Horario de visita: xullo e agosto, mércores a sábado 11:00 a 14:00 e 17:00 a 19:30 h. O resto do ano confirmar hora por teléfono ou correo electrónico. Admite visitas concertadas.
Aparcadoiro gratuíto e acceso a minusválidos.
Ademais de cerámica podes atopar a tenda de artesanía Casa do Cura. Alí podes atopar unha selección de artesanía contemporánea (vidro, teceduría, cestería, bixutería, cerámica ...), coma unha completa colección de olería tradicional galega e asturiana.
Localización
Francisco Pazos
Obradoiro de escultura, exposición e venda. Sen horario fixo. En caso de visitas concertadas, o máximo son dez persoas.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso a minusválidos e non é apto para autobuses.
Localización
Cabuxa
Arte en pel. Obradoiro de marroquinería.
Horario: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 h chamar antes por teléfono.
Acceso para minúsvalidos.
Localización
O Latoeiro
Obradoiro de follalatería. Visitas con cita previa. Demostracións e tenda. Aparcadoiro e acceso para minusválidos.
Impártense cursos no obradoiro e fóra del.
Localización
Elena Ferro
Horario: 10:00 a 13:00 e 16:00 a 20:00 h. Chamar antes por teléfono.
Visita polo obradoiro e explicación do traballo realizado.
Danse cursos fora do obradoiro.
Localización
